Pastora Fernández es profesora y portavoz de Recortes Cero en Galicia
Por que se decidiron a crear una agrupación electoral e non un partido de cara as europeas?
Fixémolo porque cremos que agora hai un momento político no que socialmente hai moitas mobilizacións: 0 15 M, as mareas cidadáns, as plataformas contra os desafiuzamentos …. O descontento é evidente ante a política de recortes. Este movemento social tan grande precisa dunha canle para poder transformar toda esta forza nunha forza política. Moitas veces dise que a xente non se mobiliza e iso é certo. Se todos nos unimos en torno a unha alternativa podemos comezar a facer a historia e non seguir sendo suxeitos dela.
Citou ao 15M, cal é a relación cos ‘indignados’?
Esta plataforma non nace do 15M, citeino como un exemplo da cristalización do descontento que esá a sufrir a cidadanía no noso país. O 15M, as plataformas contra os desafiuzamentos, as mareas, etc. todos estes movementos necesitan dunha canle política na que o protagonismo seña da base, esa é a nosa gran diferencia cos partidos políticos tradicionais. Na nosa plataforma son as agrupacións locais as que deciden os puntos concretos do programa e tamén os candidatos, agora mesmo están a ser votados.
Necesitan 15.000 apoios para poder presentarse. Como vai a recollida de avais?
Este proceso vai extraordinariamente ben. O requisito dos avais é unha traba antidemocrática, pero nós queremos convertila nun activo máis, para que coa recollida de sinaturas a Plataforma se poida ver máis na rúa. Nós non queremos conquerir 15.000 avais, porque xa temos eses avais, queremos convertir esta barreira nun recurso da Plataforma que dea máis difusión a esta alternativa.
Vostedes son unha absoluta novidade para a gran maioría do público. En que especto ideolóxico situaría a Recortes Cero?
Hai quen di, incluso xente que está de acordo co noso programa, que podemos provocar máis división na esquerda. O noso programa ten unha serie de puntos que evidentemente están na esquerda, pero nós non traballamos nunha fronte de esquerdas, senón cunha unidade máis amplia. O obxectivo é ir máis lonxe, unir a toda a xente que, independentemente da súa ideoloxía, sufre os recortes.
En que se diferencia esta iniciativa doutras forzas de esquerda como ANOVA, BNG, IU ou o PSOE?
Un punto clave é a unidade do 90% das persoas perxudicadas polos recortes. A cidadanía saíu ás rúas pedindo outra forma de facer política, unha política na que de verdade se conte coa xente. Ademais, nós falamos coa redistribución da riqueza. A nós quérennos facer crer que España non é un país rico, pero o noso PIB non minguou, segue a ser o 13 PIB de entre todos os estados do mundo. A riqueza non se reduciu, o que sucede é que non se redistribúe. Non pode ser que os autónomos e as POMES paguen máis impostos e os soldos dos directivos do IBEX 35 señan de varios millóns de euros. Outra diferencia é que nós non estamos por repartir o emprego, porque iso implica asumir que non podemos crear emprego. Nós cremos nunha banca pública para fomentar a riqueza do país. Outra diferencia é que dicimos que hai que ter un salario mínimo pero tamén un salario máximo. Por exemplo, que ninguén poida cobrar máis de 10.000. Se en España baixamos a 10.000 todos os salarios que pasen dese límite, podemos subir o salario mínimo a 1.000 euros. Isto daría unha escala razonable, de 1 a 10. Tamén defendemos maior participación democrática, os cidadáns poderán botar aos cargos públicos aos seis meses se incumpren o seu programa.
Que modelo de organización de Estado propón Recortes Cero?
Nós falamos de soberanía nacional fronte aos que a recorta, que non é Madrid senon Berlín e Washinton. En España, os primeiros recortes executounos Zapatero tras unha chamada de Barack Obama. Despois, PP e PSOE cambiaron a Constitución a toque de pito de Angela Merkel. A primeira soberanía que se ten que conseguir é a de toda España, non a de Cataluña. Washington e Berlin son os verdadeiros rivais, non Madrid. Isto cómpre dicilo alto e claro.
Cal é o grado de implantación da Plataforma en Galicia?
En Galicia imos ben. En España nós temos o obxectivo de chegar ás 280 cidades de máis de 20.000 habitantes. En Galicia xa temos unha presencia bastante notable en Pontevedra e na Coruña. A recollida de avais está superada e hai unha participación da base alta nas votacións das agrupacións.